OS RECURSOS ENDÓXENOS DE GALICIA: ACUICULTURA

16/02/2012

En Galicia son varios os recursos naturais existentes que xeran un valor para a súa economía, en maior ou en menor medida. Deste xeito, podense destacar as pedras naturais (granito e pizarra), os recursos forestais, a terra (a través da agricultura e a gandería), e o mar e ríos (tanto a través da pesca como da acuicultura).

En relación a acuicultura en Galicia, subliñar que xerou, no ano 2010, un valor de producción de 167,454 millóns de euros, sendo o mexillón, con 86 millóns de euros (51,7%), e o rodaballo, con 57 millóns de euros (34%), as especies que maior valor supoñen no conxunto, representado o 85% do total do valor da produción.

TÁBOA 1: A acuicultura galega en cifras
A acuicultura en Galicia 2007-2010

Neste mes de febreiro de 2012, a Xunta de Galicia, a través da actual Consellería do Medio Rural e do Mar, puxo en marcha a ESTRATEXIA GALEGA DE ACUICULTURA (ESGA), tratando de dar estabilidade ao sector e un pulo as inversións produtivas que se puidesen facer nel.

En vindeiros post faremos unha análise máis detallada do sector da acuicultura a nivel galego, nacional, europeo e mundial.

Anuncios

APPLE: INGRESOS SEGUNDO ÁREAS DE NEGOCIO DA EMPRESA

15/02/2012

Nestes días viñemos vendo noticias sobre a evolución da cotización e dos beneficios da empresa Apple. Cos feitos que se produciron recentemente, e que afectaron e están afectando a súa actividade normal (morte de Steve Jobs, marcha de varios altos executivos da firma, guerra de patentes,…), veremos se pode manter os mesmos nestes asombrosos niveis.
FIGURA 1
Ingresos de Apple segundo productos
Fonte: http://www.businessinsider.com

Pódese observar como o Iphone está gañando peso nos seus ingresos, mentres que o IPAD está seguindo unha senda descendente (veremos coa saída do IPAD 3 prevista para marzo ou abril de 2012).
A acción de Apple superou o pasado 13 de febreiro de 2012 os 500,00$ de cotización bursátil, o que a pesar das noticias negativas é unha boa noticia, xa que reflexa as boas espectativas que ten o mercado sobre a súa evolución.
 
FIGURA 2
Cotizacion bursátil de Apple

Enlaces de interese:


A DÉBEDA PÚBLICA ESPAÑOLA

24/01/2012

Sumada a situación de crise que se está a vivir dende o ano 2007, estase a producir dende o ano pasado (2011) unha crise de financiamento das débedas dos países. Por exemplo, o Tesouro español neste pasado ano 2011 afrontou a maior amortización de débeda da súa historia.
Neste ano 2012, segundo o Tesouro Público Español, terase que facer fronte ao vencemento, polo menos (xa que non se inclúen as letras que se emitan e venzan neste exercicio), de 125.362 millóns de euros, o que supón por termo medio ter que aboar 10.926 millóns de euros mensualmente e 359 millóns diarios.
FIGURA 1 (datos en millóns de euros)
Vencementos da débeda española para os próximos anos
Se ben a situación non é boa, non se presenta mellor nun futuro inmediato, xa que nos vindeiros anos (2013 a 2015) terá que facer fronte a 164.000 millóns de euros en vencementos de letras, bonos e obrigacións.
FIGURA 2 (datos en millóns de euros)
Vencementos da débeda nos próximos 12 meses (ano 2012)
Fonte: Invertia
Aínda que non é todo negativo, xa que podería destacar que os tipos efectivos de interese da débeda do estado en moeda nacional seguen unha senda baixista dende os máximos do ano 1990, cando alcanzaron 12,45%, se ben dende o ano 2009 obsérvase un forte incremento nos mesmos.
FIGURA 3
Tipos efectivos de interese da débeda española

ENLACES DE INTERESE:


EVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA DE GALICIA: REPERCUSIÓN SOBRE A VIABILIDADE DO ACTUAL MODELO TERRITORIAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

20/01/2012

Continuando coa análise da evolución demográfica de Galicia, nesta entrada queremos centrar a atención sobre a situación particular da provincia de Pontevedra, sendo válidas para este caso concreto as mesmas reflexións e valoracións realizadas no comentario da anterior entrada do blog.

FIGURA 1
Evolución demográfica da Provincia de Pontevedra
• A provincia de Pontevedra ven mantendo dende 1998 unha tendencia positiva en canto ó número de habitantes rexistrados nos concellos que integran esta provincia, mantendo sempre en termos interanuais incrementos de poboación, se ven nos dous últimos anos percíbese unha importante desaceleración no ritmo de crecemento con respecto ós incrementos experimentados durante os anos anteriores.
• A poboación total da provincia en 2011 chegou ata os 963.511 habitantes, apenas un 0,1% máis que no ano 2010. Tendo en conta o período 1998-2011 o incremento de poboación acumulado é superior a 57 mil habitantes, o que supón un crecemento demográfico acumulado en dito período do 6,3%.
FIGURA 2
Poboación total da provincia de Pontevedra. Ano 2011.
• Polo que respecta á provincia de Pontevedra, en 2011 a poboación total provincial estaba por enriba dos 963 mil habitantes, dos cales case o 31% estaban concentrados no concello de Vigo e case outro 9% na capital da provincia, Pontevedra.
• Outros concellos como Vilagarcía de Arousa ou Redondela tamén teñen un peso relevante na estrutura demográfica da provincia, con máis do 3% do total provincial. Así mesmo, tamén Cangas, Marín, Ponteareas, A Estrada, Lalín e Moaña están entre os concellos cunha maior participación en canto a peso demográfico na provincia de Pontevedra, cun peso que varía entre o 2 e o 3% cada un deles. Así, os dez concellos con maior número de habitantes da provincia concentra máis do 60% da poboación total de Pontevedra, mentres que nos restantes 52 concellos localízanse menos do 40% da poboación provincial.

FIGURA 3

• Dende 1998 ata 2011 a evolución da poboación no conxunto da provincia de Pontevedra experimentou un incremento acumulado do 6,3%, mantendo en todo ese período de xeito continuado variacións interanuais positivas, que lle permitiron pasar dos algo máis de 906 mil habitantes a unha poboación total superior ós 963 mil habitantes empadroados. Si ben, compre dicir que foi precisamente o ano 2011 no que ese incremento foi menor, cun crecemento respecto a 2010 de apenas un 0,11%.
• En termos xerais, apreciase unha clara tendencia á concentración de poboación cara ós municipios costeiros e cabeceiras de comarca, mentres que os concellos interiores ou con menor peso continúan a sufrir progresivos descensos no número de habitantes. Así, dos 62 concellos que integran a provincia de Pontevedra, 17 experimentaron un incremento acumulado entre 1998 e 2011 superior ó 10%, mentres que outros 16 sufriron a evolución contraria, con perdas de poboación de máis do 10%.
• A nivel municipal, no período considerado o concello que experimentou un maior incremento demográfico acumulado foi o de Salceda de Caselas, onde a poboación total empadroada no mesmo superou o 44%, mantendo unha tendencia de incrementos interanuais entre o 2 e o 4%. Tamén son moi significativos os incrementos demográficos de concellos como Soutomaior e Ponteareas, onde o crecemento de poboación superou en ambos casos o 37% dende 1998. Así mesmo, concellos como tomiño, Gondomar ou Ribadumia experimentaron incrementos demográficos acumulados entre o 20 e o 30%.
• Polo contrario, a tendencia demográfica foi claramente negativa de xeito xeneralizado en concellos interiores das comarcas do Deza e A Paradanta. Así, os tres concellos que maior volume de poboación perderon dende 1998 ata 2011 foron Agolada, Rodeiro e Dozón, os tres pertencentes á comarca do Deza, con caídas do 34, 32 e 25%, respectivamente. Entre os concellos con maior descenso poboacional a nivel provincial tamén se sitúan tres concellos da comarca da Paradanta (Covelo, Arbo e Crecente), así como outros dous da zona interior da comarca de Pontevedra, como Forcarei e Campo Lameiro.

ENLACES DE INTERESE:

  • http://www.europapress.es/galicia/noticia-louzan-descarta-fusion-local-pontevedra-corto-medio-plazo-planea-refundacion-diputaciones-20111227183316.html
  • http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2011/12/20/vigo-alcanza-297241-habitantes-area-gana-poblacion-salvo-redondela-nigran/607647.html
  • http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2011/12/20/comarca-atenua-progresion-demografica-pese-ocho-municipios-mejoran-censo/607595.html.
  • Datos oficiais sobre a poboación de Galicia e Pontevedra segundo: sexo, idade, nacionalidade,…


  • EVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA DE GALICIA: REPERCUSIÓN SOBRE A VIABILIDADE DO ACTUAL MODELO TERRITORIAL A NIVEL LOCAL

    03/01/2012

    Vista a evolución demográfica, tanto a nivel autonómico como no ámbito provincial, e tendo en conta os enormes problemas de índole económica e de orzamentos das distintas administracións públicas e especialmente das corporacións municipais, ¿non é tempo de abordar un proceso de reestruturación territorial, fomentando a integración de concellos ou a xestión mancomunada de servizos que permita unha maior eficiencia na xestión dos recursos públicos e unha distribución máis racional do territorio?. Ademais, as proxeccións demográficas de cara ó futuro indican que ó despoboamento do rural vai continuar intensificándose, producíndose unha concentración da poboación nos núcleos urbanos de maior dimensión, especialmente nas provincias de interior.

    Nese senso, estase a producir unha ralentización neste necesario proceso de reestruturación a nivel municipal, alegando na maioría dos casos que suporía un deterioro na calidade e eficiencia dos servizos públicos prestados ós cidadáns, ou incluso que a integración de concellos suporía unha importante perda da identidade local. En cambio, unha maioría da sociedade actual móstrase disposta a avanzar nesta liña, convencidos de que a fusión ou mancomunidade de servizos é a única vía para garantir a subsistencia do actual estado do benestar.

    Ademais, comentar que sería preciso definir os termos nos que eses procesos de integración municipal se deberían basear, cales son as variables que marcarían os criterios da fusión ou mancomunidade (número de habitantes, densidade de poboación, extensión do territorio, oferta de servizos,…), co cal este proceso reflexivo debería abordarse canto antes.

    FIGURA 1

    Número de concellos total de Galicia

    • A estrutura territorial da Comunidade Autónoma de Galicia actualmente está dividida nun total de 315 concellos, dos cales 94 pertencen á provincia de A Coruña e 92 á de Ourense, mentres que as provincias de Lugo e Pontevedra divídense en 67 e 62 concellos, respectivamente.
    • Só tres concellos (Vigo, A Coruña e Ourense) contan en 2011 cun censo de poboación superior ós cen mil habitantes, mentres que outros catro oscilan entre os setenta e os cen mil habitantes (Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol).
    • Ademais, o censo de habitantes de 51 concellos galegos varía entre os dez mil e os corenta mil, dos cales 41 pertencen ás provincias de A Coruña e Pontevedra. Esta distribución é claramente indicativa do maior grado de desenvolvemento e concentración demográfica nas provincias atlánticas.
    • Case unha cuarta parte dos concellos de Galicia (un total de 75) teñen unha poboación que oscila entre os mil e os dous mil habitantes, estando maioritariamente concentrados na provincia de Ourense.
    • Dos 92 concellos da provincia de Ourense, un total de 75 contan cun número de habitantes inferior ós tres mil, e de eles 15 nin sequera chegan ós mil habitantes. É dicir, que máis do 81% dos concellos desta provincia non superan os tres mil habitantes.
    • Polo que respecta á provincia de Lugo, a maioría dos concellos (case o 75%) contan en 2011 cunha poboación de entre mil e cinco mil habitantes, mentres que ademais da capital, só outros doce concellos teñen rexistrados máis de cinco mil habitantes no seu censo municipal.

    FIGURA 2

    Poboación e número de concellos

    • Preto dun cuarto da poboación galega (23,3%) está concentrada nos tres concellos de máis de cen mil habitantes, mentres que en total nas sete principais cidades de Galicia localízase case o 36% da poboación total galega. Esa porcentaxe increméntase ata máis do 51% se temos en conta tamén os concellos cunha poboación entre os vinte e os corenta mil habitantes.
    • Sen embargo, nos concellos de menos de tres mil habitantes, que representan máis do 45% dos municipios galegos, localízase menos do 9% da poboación total de Galicia. En particular, no 30% dos concellos galegos de menor tamaño unicamente reside o 4,5% dos habitantes totais da Comunidade Autónoma.
    • Pódese dicir que, a modo de síntese, máis da metade da poboación galega concéntrase en apenas o 7% dos concellos de Galicia, mentres que os concellos de menor dimensión (aproximadamente un terzo do total) só agrupa ó 5% da poboación galega.

    FIGURA 3

    Poboación de Galicia

    • A poboación total de Galicia aproximouse en 2011 ós 2,8 millóns de habitantes, experimentando un incremento de case 71 mil persoas máis que no ano 1998, o que supón una variación positiva acumulada do 2,6% no período considerado. Por provincias, A Coruña e Pontevedra son as máis poboadas, mentres que Lugo e Ourense son as que contan cun menor número de habitantes totais.
    • Por outro lado, percíbense as diferentes tendencias en canto a evolución demográfica a nivel provincial comparando os datos demográficos das catro provincias entre 1998 e 2011. Así, mentres que nos casos de Pontevedra e A Coruña, a tendencia demográfica foi claramente crecente, acumulando incrementos do 6,3% e 3,7% respectivamente nese período, as provincias de Lugo e Ourense viron diminuído o seu censo de habitantes nun 4,4% e 3,2%, cada unha delas.

    FIGURA 4

    Concellos galegos con maior variación demográfica

    • A análise detallada das variacións demográficas acumuladas entre 1998 e 2011 a nivel municipal en Galicia amosa que un total de nove concellos experimentaron nese período unha perda de poboación superior ó 30%, mentres que polo contrario, outros catorce lograron incrementar o número de habitantes empadroados por enriba dun 30%.
    • Entre os concellos que maior número de habitantes perderon atópanse catro concellos da provincia de Ourense (San Xoán de Río, Chandrexa da Queixa, Montederramo e A Teixeira), tres de Lugo (Muras, Navia de Suarna e Ribeira de Piquín) e dous da área interior de Pontevedra (Agolada e Rodeiro), mentres que ningún dos concellos da provincia de A Coruña perdeu unha porcentaxe de poboación tan significativa.
    • Polo que respecta ós concellos cunha evolución máis positiva en termos demográficos, compre dicir que a maioría corresponden a termos municipais nas áreas metropolitanas das grandes cidades de Galicia (A Coruña, Vigo, Ourense e Santiago de Compostela). Nesta situación atópanse oito concellos da provincia da Coruña (destacando especialmente o caso de Ames, cun incremento acumulado entre 1998 e 2011 superior ó 100%, é dicir, que duplicou a súa poboación), tres de Pontevedra e outros tres de Ourense (sendo tamén especialmente relevante o caso de Barbadás, onde o crecemento demográfico é próximo ó 75%).

    Enlaces que poden ser de interese:


    Bienvenidos.

    23/11/2010

    Bienvenidos al blog de Estratexia Plus.

    Las princiaples áreas de trabajo de nuesta empresa son:

    • Consultoría estratégica para empresas y administración pública.
    • Encuestas – Estudios de mercado y Opinión
    • Gestión de subvenciones
    • Actividades de Formación
    • Actividades de ocio, cultura y tiempo libre
    • Creación de empresas – Emprendedores

    Somos especialistas en Planificación y Desarrollo Estratégico de Empresas e Instituciones, en base a una metodología de Análisis-Diagnóstico-Diseño-Implantación-Control y revisión, sistemática y constante, mediante un proceso participativo, implicando a todos los recursos humanos en el desarrollo del proyecto de la empresa o institución. Así mismo, desarrollamos el proceso de implantación, control y revisión de las Estrategias.

    Encuestas – Estudios de mercado y Opinión