A DÉBEDA DAS CC.AA ESPAÑOLAS

06/04/2012

Dende o ano 1995 a débeda pública total das Comunidades Autónomas españolas, segundo datos do Banco de España, creceu de forma continua acadando no último trimestre do ano 2011 a cifra de 140.083 millóns de euros.
Nos últimos catro anos (dende ano 2008) a evolución da débeda total por comunidades incrementouse en máis do 90%, é dicir, a cifra de endebedamento que teñen as comunidades e case o dobre do que tiñan catro anos atrás.

FIGURA 1 (datos en millóns de euros)
Débeda total das CC.AA españolas
Fonte: Banco de España

No caso da nosa comunidade, esta evolución é moi similar o que lle ocorre o resto das comunidades autónomas españolas, se ben, cabe destacar que entre o cuarto e primeiro trimestre dos anos 2010 e 2011 (respectivamente), a débeda mantense case inalterable, cun incremento de apenas o 0,28%.
A pesar desta pequena porcentaxe, as cifras da débeda en termos xerais segue en aumento, xa que o longo do pasado ano (2011) a débeda incrementouse en case 850 mil millóns de euros. Esta cifra implica un 13,7% de débeda superior respecto o ano 2010.

FIGURA 2 (datos en millóns de euros)

Fonte: Banco de España

O dato de Galicia é o maior de toda a serie histórica, pois dende os 2.140 millóns de débeda en 1995 non deixou de medrar, e por primeira vez, ao termo de 2011, superou o limiar dos 7.000 millóns.
No seu conxunto, a débeda das distintas comunidades aumentou un 17,2% en 2011, ata rexistrar 140.083 millóns de euros, a cifra máis alta de toda a serie histórica, segundo datos do Banco de España. En termos absolutos, a débeda das disintas comunidades autónomas é moi desigual.

FIGURA 3 (datos en millóns de euros)

Fonte: Banco de España

A comunidade autónoma con maior volume de débeda en 2011 foi Cataluña, con 41.778 millóns de euros, cantidade que representa o 29,8% do total da débeda acumulada no conxunto do país.
A cifra galega é a quinta maior por comunidades (representando o 5% do total), situada tan só por detrás de Cataluña (41.778 millóns), Comunidade Valenciana (20.762 millóns), Madrid (15.447 millóns) e Andalucía (14.314 millóns).

FIGURA 4 (datos en millóns de euros)

Fonte: Banco de España

Despois de Cataluña, sitúase a Comunidade Valenciana (20.762 millóns de euros), que volve ocupar o segundo lugar por diante de Madrid. Entre as tres comunidades autónomas acumulan o 55,6% do total do endebedamento rexional.

FIGURA 5 Peso en porcentaxe da débeda das CC.AA sobre o total de débeda

Fonte: Banco de España
En canto a débeda per cápita nas comunidades autónomas españolas, Cataluña é a que posúe unha débeda por habitante maior, superando os 5.500 euros, seguida da Comunidade Valenciana con 4.057 euros.
A continuación están as Illas Baleares cunha débeda a piques de acadar os 4.000 euros por persoa, a Comunidade Foral de Navarra con 3.810 euros e Castilla la Mancha con 3.114 euros per cápita, ocupando o terceiro, cuarto e quinto posto respectivamente. Estas cinco comunidades teñen unha débeda maior a media española que no último trimestre do ano 2011 non superou os 3.000 euros por habitante.
A comunidade autónoma con menor débeda por habitante é Andalucía non chegando os 1.700 euros, seguida de Canarias e Extremadura con 1.748 e 1.822 euros respectivamente.
Cabe destacar o caso de Andalucía, ocupando o cuarto posto en termos de débeda absoluta cun 10,2% sobre a débeda do país, mentres que é a comunidade con menor débeda por habitante, estando por debaixo da media do país en case 1.270 euros.
Galicia atópase no noveno posto con 2.507 euros de débeda per cápita, por detrás da Comunidade de A Rioxa, País Vasco e Aragón, cunha débeda de 2.787 euros, 2.534 euros e 2.548 euros respectivamente.

FIGURA 6 (datos en millóns de euros)

Fonte: Banco de España


ENLACES:

  • Banco de España (Estatísticas)
  • Todas las comunidades autónomas aumentan su deuda en 2011
  • Deuda comunidades autónomas
  • Las Comunidades Autónomas acaparan más de la mitad del desvío del déficit de 2011

  • A DÉBEDA PÚBLICA ESPAÑOLA

    24/01/2012

    Sumada a situación de crise que se está a vivir dende o ano 2007, estase a producir dende o ano pasado (2011) unha crise de financiamento das débedas dos países. Por exemplo, o Tesouro español neste pasado ano 2011 afrontou a maior amortización de débeda da súa historia.
    Neste ano 2012, segundo o Tesouro Público Español, terase que facer fronte ao vencemento, polo menos (xa que non se inclúen as letras que se emitan e venzan neste exercicio), de 125.362 millóns de euros, o que supón por termo medio ter que aboar 10.926 millóns de euros mensualmente e 359 millóns diarios.
    FIGURA 1 (datos en millóns de euros)
    Vencementos da débeda española para os próximos anos
    Se ben a situación non é boa, non se presenta mellor nun futuro inmediato, xa que nos vindeiros anos (2013 a 2015) terá que facer fronte a 164.000 millóns de euros en vencementos de letras, bonos e obrigacións.
    FIGURA 2 (datos en millóns de euros)
    Vencementos da débeda nos próximos 12 meses (ano 2012)
    Fonte: Invertia
    Aínda que non é todo negativo, xa que podería destacar que os tipos efectivos de interese da débeda do estado en moeda nacional seguen unha senda baixista dende os máximos do ano 1990, cando alcanzaron 12,45%, se ben dende o ano 2009 obsérvase un forte incremento nos mesmos.
    FIGURA 3
    Tipos efectivos de interese da débeda española

    ENLACES DE INTERESE: