OS IMPOSTOS NOS PAÍSES DA OCDE

09/04/2012

A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) é unha organización de cooperación internacional, composta por 34 estados e o seu obxectivo é coordinar políticas económicas e sociais.
A OCDE agrupa os países que proporcionaban ó mundo o 70% do mercado mundial e que representaban o 80% do PNB mundial no ano 2007.

Figura 1

Fonte: OCDE (1 de Xaneiro de 2011)

Os últimos datos publicados por esta organización, poñen de manifesto os distintos tipos impositivos que recaen sobre nos países integrantes da OCDE.
No ano 2011 España atópase no posto número 23 en función da taxa de impostos que se aplican en cada país, cunha taxa media de 18 puntos, sendo inferior á media dos países da OCDE no mesmo ano (18,5 puntos). Por debaixo de España atópanse países coma Turquía (taxa similar), Israel e México (16 puntos) ou Luxemburgo, cunha taxa no último ano de 15 puntos e que mantén constante dende o ano 1992.
Islandia é o país coa taxa máis alta dos países que forman a Organización (2011), acadando os 25,5 puntos, e invariable dende o ano 2010 (última suba).
En postos consecutivos en función dos países con taxas máis altas atópase Dinamarca, Hungría, Noruega e Suecia, todos eles cunha cifra de 25 puntos. Destacar que Dinamarca e Suecia levan mantendo esta taxa inalterada dende os últimos vinte anos.
A evolución do IVE (VAT) ou impostos sobre servizos (GST) é crecente en termos xerais en case tódolos países da UE, destacando Dinamarca, que no ano 1988 xa acadaba unha cifra 22 puntos e que incrementou en anos consecutivos (1995) ata os 25 puntos (actualidade).

FIGURA 2: Evolución do IVE e GST en países da OCDE (período 1998 a 2011)

Fonte: OCDE (1 de Xaneiro de 2011)

España cunha taxa de 12 puntos no ano 1988, mantivo esta cifra case inalterada ata unha suba de 2 puntos ano 1994 e que foi invariable ata o ano 2010. A partir deste data, produciuse un incremento similar (dous puntos) ata os 18 puntos que é o tipo impositivo existente na actualidade.
Portugal é un caso atípico, xa que no período de estudo (1998 a 2011) subiu e baixou a taxa dos impostos en varios períodos, mentres que a tendencia que seguiron o resto dos países que conforman a OCDE foi de incremento. A finais dos anos oitenta Portugal mantiña unha taxa igual á media (17 puntos), pero baixa un punto no ano 1992, que volvería a subir no 1994 ata acadar novamente os 17 puntos (cifra do ano 1988). No ano 2009 prodúcese unha nova baixada, esta vez un punto, ata acadar os 20 puntos que mantén durante un ano, e que volverá incrementar no ano 2010 en tres puntos ata acadar os 23 puntos (taxa que mantén na actualidade). Esta cifra supera en 4,5 puntos a media dos países integrantes da OCDE.

FIGURA 3: Media das taxas de impostos persoais (solteiros sen fillos) dos países membros da OCDE (ano 2010)

Fonte: OCDE (1 de Xaneiro de 2011)

No listado das taxas medias dos impostos persoais relativos os países membros da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), na primeira posición atópase Bélxica coa maior porcentaxe que supera o 42% en case 20 puntos a media dos países pertencentes Organización no ano 2010.
A continuación está Alemaña e Dinamarca cunha porcentaxe igual o 39,2% e 38,6% respectivamente.
España ocupa o posto número 24 cunha porcentaxe do 21,6% que é inferior en case tres puntos a media dos países da OCDE.
Os países da Organización que aparecen nos últimos postos do listado cunha taxa menor son México, Chile e Korea con cifras do 5,6%, 7% e 11,9% respectivamente.

FIGURA 4: Evolución dos impostos persoais en España por situación familiar (2000-2011)

Fonte: OCDE (1 de Xaneiro de 2011)

A evolución dos impostos en España en función da situación persoal das familias (solteiros/as e parellas con ou sen fillos), segue unha tendencia moi similar.
As parellas con dous fillos son as que pagan impostos máis baixos, cunha porcentaxe media do 12,5% no período 2000 a 2010. A continuación atópanse as parellas sen fillos cunha media no mesmo período do 16,2%.
Os solteiros/as sen fillos é o colectivo suxeito a unha taxa de impostos máis alta, cunha porcentaxe media nos últimos dez anos (2000 a 2010) do 20,2%. No ano 2010 esta porcentaxe supera á media en 1,4 puntos, acadando unha taxa do 21,6%.